Nesta viaxe achegarémonos á vila de Xinzo de Limia para vivir unha das xornadas festivas máis singulares e relevantes da zona: o Entroido de Xinzo, festa de interese turístico internacional e un dos entroidos máis longos dos que se celebran no país. Para cerrar esta entretida viaxe, acercarémonos ata Bande, cunha cidade romana e unhas termas escondidas.
ENTROIDOS ÚNICOS, MOLLARSE NAS TERMAS EN PLENO INVERNO
Pola mañá, teremos tempo para desfrutar do pobo e do entroido de Xinzo, un dos que forman o triángulo dos Carnavais de Galicia (Xinzo, Laza e Verín). Aquí celebran un mes de carnaval, ou sexa, 5 domingos. Poderás desfrutar da festa ata a hora de xantar.
Xa pola tarde acercarémonos a vila de Bande, tamén na Limia, onde destacan a impresionante cidade romana de Aquis Querquennis, na beira do rio Limia. Cerquiña dela, vaise andando, están as termas de Bande, que poderás desfrutar mollando as pernas un pouco (recomendamos levar unha toalla ou un trapo se só vas mollar os pes).
Regreso á casa.
⇒PUNTOS DE RECOLLIDA ESPECIAIS: SILLEDA, LALÍN, OURENSE
⇒PARA MÁIS INFORMACIÓN, PREME AQUÍ:
![](https://buseandoporgalicia.com/arquivo/imx/Importante.0.jpg)